Vaia por diante que esta historia a destapou o meu cuñado. Temos un grupo de Whatsapp, deses case sen actividade, nos que estamos a miña irmá, eu e as nosas parellas. Acababa de estar a fin de semana na casa dos meus pais e, case sen querelo, descubriu o pastel. A notificación chegou ao meuSigue leyendo «A miña nai e Google»
Archivo de etiqueta: a miña nai
Outro almanaque máis
Alá vai outro ano. Sempre que toca tirar coa última folla do calendario, penso na miña nai. Ou máis ben nas súas cociñas. Na casa está a cociña vella, coa lareira, onde se fai o churrasco, os roxóns (en Rianxo chamámolos rexóns), onde se asan as castañas e se fan as fritadas de peixe. ESigue leyendo «Outro almanaque máis»
Nunca é tarde
A miña irmá e eu levabamos moito tempo animando a nosa nai a que se apuntase a algún tipo de actividade. Pero sempre xurdían contratempos, escusas ou, directamente, facía oídos xordos. Por iso nos sorprendeu cando, sen máis, nos anunciou que se apuntara á piscina. Este ano acaba de cumprir os 65. Moita xente, trasSigue leyendo «Nunca é tarde»
A inventora de palabras
Hai persoas que escoitan. E hai persoas que falan e falan e falan. Coma se os silencios queimasen, como se as palabras tivesen a misión de saír ao mundo e invadir cada momento. A miña nai é destas últimas. Para compensar, eu pertenzo ao primeiro bando, aos que prefiren calar e deixarse conquistar por discursos,Sigue leyendo «A inventora de palabras»